martes, 4 de abril de 2017

"Sementando" 1 PRIMARIA

Despois da estrutura de aprendizaxe cooperativa" Lapis ao centro", que utilizamos para recordar os pasos a seguir á hora de plantar unha semente, puxémonos mans á obra.
Primeiro,preparamos a terra para a nosa pequena colleita.
Despois, cortamos uns tomates para ver as súas sementes e metémolos na terra.
A continuación, sementamos unhas cenorias.
Despois, uns pementos e por último cebolas.
Sorprendéronse ao ver os distintos tipos de sementes, sobre todo as da cebola.
Agora , a ver se esta sementeira dá os seus froitos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario