viernes, 28 de abril de 2017

"AS PLANTAS" 1 PRIMARIA

Os alumn@s de primeiro fixeron un pequeno experimento sobre as plantas nestas últimas semanas. Á volta de Semana Santa vimos con ilusión que a nosa sementeira saíra adiante e eso animounos a  facer unha proba máis. Puxemos unha faba, un garavanzo e unha lentella en tres recipientes, de maneira que, nun deles sementariamos en papel, noutro en algodón e noutro en terra. A finalidade deste experimento era demostrar que as sementes saen con máis forza na terra.
E así foi, en poucos días puidémolo comprobar....cada día vemos como crecen!!!!!
Agora temos que esperar a que as que metemos nos vasos tamén fagan o mesmo.👌

No hay comentarios:

Publicar un comentario