martes, 16 de mayo de 2017

1PRIMARIA "SEMENTANDO 2"

Antes da Semana Santa, @s alumn@s de primeiro de Primaria sementaran uns tomatiños, unhas cenorias, uns pementos.....
Os tomatiños, cortarámolos pola metade e enterrarámolos na terra  e  coas demais hortalizas botaramos a súa semente.
Cada día desde entonces, vimos como ían nacendo diferentes tipos de " mata" ata que por fin, distinguimos cada unha delas.
Os tomates ganáronlle con moita diferenza aos pementos e as cenorias...
Hoxe, levamos cada un de nós unha pequena tomateira para casa coa ilusión de que siga medrando.
Sorprendeunos a cantidade de tomateiras que naceron, o seu olor característico......comprobamos como, efectivamente, as plantas buscan a luz do 🌞, os coidados que necesitan e a satisfación que dá conseguir que o noso  "traballo" saia adiante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario